ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O esquecemento non ten cabida na democracia. E a memoria é presente e unha aposta de futuro para manter a democracia e o pluralismo político. Nesa liña situase o libro Groviland, do xornalista Cándido Barral. Escoitaremos o mércores a conversa sobre o volume no clube de lectura de Radio Fene Radiofusión. Participan Antonio Tizón, Leo Toral, Henrique Sanfiz, e Cándido Barral.
O Congreso dos Deputados condenou a ditadura en 2002. O reto do presente e do futuro é introducir a memoria histórica democrática nas escolas. Divulgar o golpe de estado de 1936, cando un sector do exército violentou a vontade da cidadanía expresa nas urnas. Explicar a ilegalidade da ditadura, construída sobre a violenta represión e exterminación física dos que pensaban diferente, dos que estaban gobernando. Nesa liña vai Groviland, a obra de Cándido Barral.
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora