ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Deus sentado nun sillón azul considerase a novela máis ambiciosa de Carlos Casares, segundo o seu amigo e biógrafo Damián Villalaín. Nesa obra, Casares utiliza a unha muller como narradora. Retrata moi ben aos protagonistas e reflexiona sobre a responsabilidade dos intelectuais. O seu estilo -limpo, claro, elegante- é o resultado dun meticuloso traballo a través do cal o escritor procura a sinxeleza e a comunicación.
Morreu o 9 de marzo de 2002 e este ano a Real Academia Galega dedicalle o Dia das Letras Galegas. O seu amigo Damián Villalain ven de publicar o libro Carlos Casares vida e literatura, enfocado ao alumnado de sexto de primaria e primeiro da ESO. Ademais de datos biográficos do autor de Xoguetes para un tempo prohibido tamén se ofrecen datos históricos da época.