O estudantado pide na rúa a derrogación inmediata das leis educativas do PP

O estudantado pide na rúa a derrogación inmediata das leis educativas do PP

13 de Abril, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

"Estamos a ver as facultades totalmente baleiras, sen persoas tentando entrar", salientaba dende Compostela antes das dez da mañá Iria Figueroa, a responsable de organización do sindicato estudantil galego Erguer, convocante xunto co Sindicato de Estudantes dunha xornada de folga no ensino. "Está a ser un éxito absoluto", explicaba antes do comezo das concentraciós e manifestaci&

Erguer denuncia que "continúan os ataques ao ensino, ditados tanto  pola Unión Europea como polo estado español, que nos presenta a imposición dunha nova reforma educativa, o Decreto 3+2". O decreto que o Executivo do PP aprobou en 2015 é, segundo a organización nacionalista, "un novo plan que procura a mercantilización da universidade pública, conducíndonos a un ensino cada vez máis precario e elitizador". O escenerario completaríase no ensino medio cunha LOMCE que persegue, resolven, unha "privatización da ensinanza".

Sociedade