ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A luz que viaxa a través do espacio dende a orixe do noso tempo chega aínda agora ata nós. Estivo no principio de todo para a fe e está tamén na orixe de moitas investigacións científicas. Nacións Unidas proclamou este 2015 como Ano Internacional da Luz e das Tecnoloxías da Luz, as que deben axudar a o desenvolvemento sustentable e ao fornecemento de solucións aos desafíos globais en enerxía
Catro son os investigadores homenaxeados nesta edición. Por unha banda, Christian Huygens (1629-1695), o autor da teoría ondulatoria da luz, e Max Planck (1848-1947), o autor inicial dos cuantos, que deu lugar á visión como paquetes da luz, resumindo deste xeito a dualidade onda-partícula da luz. En canto a científicos galegos, a Facultade de Física propuxo hai un ano a Carlos Gómez-Reino Carnota, profesor da Facultade, e tamén, pola banda do ano internacional dos solos recoñécese a Isidro Parga Pondal, universalmente considerado como símbolo do científico galego.
Ano da Luz
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou 2015 como o Ano Internacional da Luz e das tecnoloxías baseadas na luz pola conmemoración de diversos aniversarios: os traballos no campo da óptica realizados en 1015 por Alhacén, a natureza ondulatoria da luz proposta por Fresnel en 1815, o 150 aniversario da síntese electromagnética de Maxwell, o centenario da teoría xeral da relatividade de Einstein e as achegas de Charles Khao en 1965 sobre o emprego da fibra óptica nas comunicacións.
Co gallo deste VI Día da Ciencia en Galego, Igaciencia inaugurou na Galería de Sargadelos de Santiago de Compostela a exposición “A Ciencia e a Tecnoloxía da Luz”, que a seguir itenerará polo Museo Provincial de Lugo e o Muncyt da Coruña. Trátase dunha actividade de carácter divulgativo, lúdico e interactivo que está formada por varios carteis e mesas temáticas con experiencias e material manipulativo e que visitarán nos seguintes días unha manchea de escolares de todo o país.