O Eume e o Ortigueira manteñen a súa fidelidade coa victoria

O Eume e o Ortigueira manteñen a súa fidelidade coa victoria

19 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Eume Deportivo e o Ortigueira saldaron con sendos triunfos os seus compromisos desta xornada no grupo terceiro da Segunda Autonómica de fútbol. Polo tanto continua o empate na cabeza da clasificación e o final da Liga vai chegar cargado de emoción.

En Ortigueira o Capela plantoulle cara ao equipo de Washington Ferrer en boa parte da primeira metade. O primeiro gol de Borja para o Ortigueira chegou no minuto 39, pero ainda había partido. Nunha xogada desafortunada o porteiro do Capela Monti colleu o balón coas máns fora da área e veu o carton bermello. Un xogador de campo tivo que ocupar a portería pero o equipo veuse xa abaixo e comezaron a chegar os goles un tras doutro ata chegar ao tanteo de 5 a 1.Os resultados completos da xornada son os seguintes:

 

 

 

Galicia Mugardos B  1 - 4  CCRD Perlio

FC Ortigueira 5 – 1  SDC A Capela

SD Barallobre 2  - 1  CD Cariño

SD Animas  4 - 3  SD Valdoviño

CD San Sadurniño  2 - 3 Naron B. Piñeiros B

AD Miño  0 - 1  SRD San Pablo

Numancia SDR 1 - 2  Eume Deportivo

Cedeira SD  0 -  0 UDC Narahio  

Galicia Caranza CF  0 - 2 Cultural Maniños SD

Deportes