O Eume logrou o ascenso sobrepoñendose á presión

O Eume logrou o ascenso sobrepoñendose á presión

11 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Sen presión e sen nervios logrou o liderato da Segunda Autonómica o Eume Deportivo. Venceu por un contundente 5 a 2 ao Animas, e chegou ao remate do encontro con tranquilidade, dado que dependían de si mesmos para alcanzar o ascenso de categoria.

Os xogadores de Pontedeume non deixaron medrar en ningún momento ao Animas. Presionaron desde o comezo moi arriba e moi mentalizados na necesidade da victoria. A derrota envia ao equipo ferrolán á Terceira Autonómica. En Pontedeume celebrouse o ascenso como unha festa patronal. Os xogadores mantearon e ducharon ao adestrador e aos directivos. Logo dirixíronse á fonte do Pilón, nas inmediacións do Torreón dos Andrade, onde houbo un baño colectivo. Uns pinchos serviron para poñer o punto e seguido á celebración do Eume Deportivo.

Deportes