O fútbol da terra

O fútbol da terra
19 de Xullo, 2025 - 09:56 h. | Publicada por Radio Fene

Xogadores da categoría infantil reforzaron ao equipo dos solteiros na xornada de convivencia da S.D.Barallobre. O precioso campo de fútbol do Ramo acolleu un encontro no que se misturaban botas de ultimisima xeración con outras medio amañadas con fita adhesiva. Os partidos de solteiros contra casados síntense cunha sana competitividade na que todo é camaraderia. O partido rematou cunha festa na que se serviron liscos e chourizos. 

Solteiros contra casados. 18 de xullo de 2025. Campo do Ramo de Barallobre

Un dos xogadores apurou o pitillo antes de saltar ao campo, pero iso non lle impediu "comerlle as papas" ao máis veterano dos futbolistas que presumía no descanso de forma física. Con este fútbol, moitos futboleiros nos sentimos identificados. 

Deportes

Publica o teu comentario agora