O facho que empezou a arder

O facho que empezou a arder
13 de Outubro, 2020 - 10:53 h. | Publicada por Radio Fene

A Primeira Olimpíada da Mocidade do Concello de Fene celebrouse no mes de nadal de 1977. Participaron seiscentas persoas de entre nove e dezasete anos. Reclamábase unha pista polideportiva en cada parroquia, un pavillón polideportivo cuberto, unha piscina cuberta e unhas pistas de atletismo.

O pebetero olímpico encendeuse en San Valentín.

Un comité organizador, composto polas sociedades do concello, encargouse da promoción do evento, aínda que posteriormente ese papel asumiuno a Corporación local. Dicíase na primeira edición: Polo desenvolvemento do deporte san! Por unhas instalacións deportivas municipais!

As Olimpiadas trasformáronse logo nos Xogos Deportivos da Mocidade. Durante dez anos continuaron organizandose, como evento deportivo e participativo. Pasou a organizalos o Concello de Fene ata que se transformaron nuns xogos interescolares e no Dia do Deporte na rúa.

 

 

Deportes

Publica o teu comentario agora