O Feal encabeza a Liga de Chave de Ferrolterra

O Feal encabeza a Liga de Chave de Ferrolterra

21 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Taberna O Feal lidera con 4 puntos e 85 chaves a clasificación da Primeira División da Liga de Chave de Ferrolterra. As partidas comezaron a pasada fin de semana. Xunto cos de Narón tamén figuran nos primeiros postos da clasificación o Lúa Nova, O Pazo, o Centro Cultural Outeiro, o CPS de San Valentín e a Asociación de Veciños de San Pablo. O local social de Limodre e o Mesón O Fumazo empataron na primeira xornada.

Na Segunda División encabeza a clasificación o Bar Xomar de Franza, seguido por Kafeta, Asociación de Veciños de Serantes, O Fumazo A, Bar Mónica, Mesón O Poniente e As Píntegas de Canosa. Arredor de 140 xogadores participan nesta Liga organizada polo Clube de Amigos da Chave de Ferrolterra. Esta tempada participan por primeira vez equipos femeninos.

Deportes