O feirón de Perlío chega á maioría de idade

O feirón de Perlío chega á maioría de idade

28 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O feirón de Perlío (Fene A Coruña) cumpreu esta semana os seus 18 anos. Foi un 22 de marzo de 1992 cando se celebrou o primeiro dos mercadillos. O evento vense repetindo desde aquela todos os segundos e cuartos domingos de mes.

Na mañá deste domingo instaláronse nos arredores da Praza da Escola, 80 postos de produtos da horta, calzado, roupa e alimentación. Vendeuse moito ceboliño (a 5 € o cento), queixos (8 € a unidade), leituga (0,75€) e mel (2 € o quilogramo). A mañá soleada invitou a numerosos visitantes a achegarse ao feirón, ainda que a maioría deles tardaron máis do habitual pola misa do domingo de Ramos e máis polo cambio de hora.

O presidente da Asociación Veciñal Carlos Fernández Sanjuán amosábase satisfeito da colaboración cidadán, "xa que cada quince dias os propietarios dos automóbiles se decatan e non aparcan os seus vehículos nas rúas do feirón". Na actualidade a asociación, conta con 322 socios e 7 membros da directiva. Hai 18 anos formaban a xunta rectora da entidade, 21 persoas, figurando como presidente Xosé Anxo González Tomé, e Francisco Castro Pérez (vicepresidente) Vidal Tenreiro Allegue (secretario) e Xosé Alonso Cabarcos (tesoureiro).

Sociedade