O feminismo e o novo realismo

O feminismo e o novo realismo
30 de Decembro, 2022 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O novo realismo é a reivindicación da dignidade dos obxectos sociais. Cuestiona as verdades absolutas, entre elas a do patriarcado, segundo a escritora e profesora Inma Otero Varela, autora do libro publicado por Euseino "O obxecto muller e o xiro ontolóxico".

ESCOITA O PODCAST:

Escoita aquí a conversa con Inma Otero sobre o libro "O obxecto muller e o xiro ontolóxico"

http://173.255.131.18/audio/291222OTERO.mp3

Fotografía Xan Xe

Inma Otero aplica á cuestión de xénero as teorías de Mauricio Ferraris e Markus Gabriel. Afirma Mauricio Ferraris:
“Iso que chamo novo realismo é, en efecto, antes que todo, a toma de razón dunha viraxe. A experiencia histórica das manipulacións mediáticas, das guerras post 11 de setembro de 2001 e da recente crise económica, significaron un pesadísimo desmentido dos dous dogmas do postmoderno: 
1. Toda a realidade está socialmente construída e é infinitamente manipulable.
2. A verdade é unha noción inútil porque a solidariedade é máis importante que a obxectividade"

Cultura

Publica o teu comentario agora