ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O festival Fenerock cumpriu esta fin de semana a súa séptima edición. A crise económica obrigou á organización a reducir o seu presuposto, e a basar o seu programa en grupos locais. Pero a afluencia de público apenas se resentiu.
Temos que manter o Fenerock a base de cervexas, proclamou o vocalista dun dos grupos musicais que actuaron. Hai que beber para apoiar a esta xente, salientaba cun chisco de ironía o guitarrista doutra formación. O caso é que a pesar da reducción orzamentaria, e dos apagóns de luz que interrumpiron as actuacións musicais na noite do venres, o Fenerock cumpriu os sete anos e os organizadores -a asociación Centolos e o CPS de San Valentín- contan xa coa obriga moral de preparar a octava edición.