O fermoso outono da ribeira sacra

O fermoso outono da ribeira sacra

16 de Novembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

As cores do outono son especiais na ribeira sacra. Carlos Rueda e Francisco Albo propóñennos na publicación "Circular polo Saviñao II" (2003) acometer o antigo camiño dos Codos de Belesar, parte dunha ruta secundaria ligada á via romana que ía desde Astorga a Braga. O recorrido comeza xunto ao cemiterio de Diomondi, a 7,3 quilómetros de Escairón. A célebre igrexa románica de Diomondi sinala o comezo do sendeiro.

Entrando no que é propiamente o camiño, a pendente é máis acusaa, xa que a penas nun quilómetro, sálvase unha altura de trescentos metros. Divísase unha excelente vista do pobo de Belesar e do seu embarcadoiro. Só quedan uns cincocentos metros para entrar nesta pintoresca localidade de rúas estreitas, vivendas de cantería e fermosas galerías. "Con cereixas e viño, faise o camiño" reza a camisola da comisión de festas de Belesar pobo.

Sociedade