O ferrocarril Ferrol-Betanzos prepara o seu centenario

O ferrocarril Ferrol-Betanzos prepara o seu centenario

02 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O 5 de maio do 2013 cumpliráse o centenario da inauguración da liña de ferrocarril Ferrol-Betanzos. Dende a Asociación de Amigos do Ferrocarril de Ferrol están xa a traballar nos actos de conmemoración desta data que supuxo un fito para a cidade departamental. Entre os actos máis significativos que se teñen en menten está a idea de traer á cidade un tren histórico e o vagón no que viaxou a raíña Isabel II &a

O concello de Cabañas acolleu a primeira xuntanza entre representantes dos concellos polos que pasa a liña e da Asociación de Amigos do Ferrocarril. Nela acordouse nomear unha comisión de traballo que de aquí a tres anos preparará os actos do centenario.

Unha das ideas que se barallou foi a posibilidade de traer a Ferrol a máquina de vapor con vagóns históricos restaurados que se atopan no Museo do Ferrocarril de Monforte de Lemos. Paralelamente está previsto tamén a realización de exposicións itinerantes de fotografías, a máis anterga data de 1886, referentes á construcción da liña. Segundo relatou o presidente da Asociación de Amigos do Ferrocarril, Manuel del Río, dende a entidade estase xestionando a posibilidade de rescatar un filme, que se garda no arquivo do CGAI, que recolle a chegada a Ferrol do primeiro tren que percorreu a liña, coa idea de proxectala o día da conmemoración do centenario.

A liña de ferrocarril Ferrol-Betanzos tardou 43 anos en ser inaugurada. Dende o ano 1864 moitos foron os avatares que provocaron a grande demora nas obras debidas fundamentalmente ás múltiples empresas que traballaron na construcción e que tiveron que abandoala polo elevado custe das obras. A partires do ano  1883 fíxose cargo delas o Estado o que permitiu a conclusión do proxecto. A inauguración desta liña foi un acontecemento histórico na cidade, non só pola tardanza que sufriu a súa construcción, senón pola trascendencia que como elemento de progreso tiña para a sociedade da época.

Cultura