ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O ata agora senador ferrolán do PSOE, Xavier Carro, ocupará agora o escano deixado no Congreso polo ex Ministro de Cultura, César Antonio Molina. Carro volve, xa que logo, ao seu lugar orixinario e ao traballo que desenvolveu na anterior lexislatura.
Xavier Carro acudiu, na ultima convocatoria electoral, nas listas ao Congreso pero quedou á portas da elección, daí que o partido o destinase ao Senado, como representación autonómica. Agora quedou libre o escano deixado polo ex Ministro de Cultura o pasado dia 7 de setembro e será este o que ocupe o socialista de Cedeira. Carro amósase satiafeito pola designación e declárase máis da baixa que da alta cámara, entre outras razóns porque esta última vai máis lenta e ten menos poder decisorio.
Podería ocupar o seu escano no Senado o secretario de organización do PSdeG, Pablo García, segundo fontes do partido.