O Festival de Títeres de Redondela remata cunha fin de semana chea de propostas

O Festival de Títeres de Redondela remata cunha fin de semana chea de propostas

22 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A Asociación Xente Titiriteira e a Concellaría de Cultura de Redondela puxeron en marcha, un ano máis, o Festival de Títeres “Memorial Juanjo Amoedo”. A undécima edición do evento tivo como novidade, desta volta, a supresión das funcións escolares, pero a programación de sala e de rúa e tan

Mañá domingo, en sala, a compañía catalá A Baldufa presenta Embolia á Granxa á unha e ás cinco da tarde; e ás nove da noite será a quenda da arxentina Valeria Guglietti con Non toquen as miñas mans.

Xa na rúa, ás doce do mediodía Os Croquetas farán un tour entre o Concello e a Alameda. Ás doce e media nos xardíns desta, Gran Circo de Liliput, de Marionetas en Liberdade, e de novo á unha e media na praza do Concello, Plansjet Poppentheater coa danza das marionetas. Xa pola tarde, ás catro e media, na praza do Concello, Cé Orquestra Pantasma, e ás cinco, Circo Poético de Girovado e Rondilla na casa da Torre, Cores de Monstruio de Tombs Creatius, na Pista da Xunqueira, Chapeau Tolo de Marionetas en Liberdade na Alameda e Cé Orquestra Pantasma en Alfonso XII.

Ás sete da tarde, The Turres Band na Praza Fonte de Santiago, e nos xardíns da Alameda, A familia Nolfini, Os cómicos do Camiño de Boneca Lareta. Ás sete e media da tarde, Mamulengo Jatoba, de Campagnie Jatoba estará na praza Reveriano Soutullo; Os Croquetas en Alfonso XII, e Cé Orquestra Pantasma na Pista da Xunqueira. Ás oito, nova posta en escena de Chapeaou Tolo e ás oito e cuarto The Turres Band na Praza Reveriano Soutullo. Ás oito e media poderase gozar de Drago, en Alfonso XII, e ás nove da noite tres espectáculos, Circo Poético de Girovago e Rondilla na praza Casa da Torre; ante o Concello, Plansjet Poppentheater presenta A danza das marionetas, e na Pista da Xunqueira estará Cé Orquestra Pantasma. Finalmente e como broche final, ás dez da noite Os Croquetas despiden a undécima edición do festival desde o paseo da Xunqueira.

Cultura