O fiador das mulleres espontaneadas

O fiador das mulleres espontaneadas
03 de Abril, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radiofusión

As autoridades eclesiasticas castigaban toda aquela actividade sexual que non tivese como finalidade a procreación. Iso era así desde o Concilio de Trento. A Igrexa perseguía esas actividades, pero legalmente non estaba prohibido o sexo entre persoas solteiras e viuvas, salvo que esa relación dese como resultado a existencia de crianzas ou escándalo público. Só a moral imperante no momento podía decidir sobre a benevolencia dos actos torpes que se cometeran fóra da unión matrimonial.

Parque do Pasatempo. Betanzos

Existia un mecanismo para lograr abstraerse da problemática. Espontanerse. Esa opción xurídica parece ser propia do territorio galego. Aquí as altas taxas de crianzas ilexítimas chegaba a rozar unhas porcentaxes alarmantes. Sobre as mulleres espontáneadas nas comarcas do Eume e Ferrol nos séculos dezaoito e dezanove versa o libro de Ángel Arcay publicado por Baía Edicións. A clave de todo o proceso era o fiador, segundo Arcay.

Cultura

Publica o teu comentario agora