O fiscal pide imputar na operación Patos ao alcalde de Vigo e ao presidente do PP de Pontevedra

O fiscal pide imputar na operación Patos ao alcalde de Vigo e ao presidente do PP de Pontevedra

22 de Setembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O ministerio fiscal solicita que se tome declaración en calidade de imputados a medio cento de políticos, empresarios e técnicos. Entre eles, o alcalde de Vigo Abel Caballero, o presidente do PP de Pontevedra Rafael Louzán e a delegada da Xunta en Vigo María Xosé Bravo. A xuiza tomará unha decisión nunha semana.

A Operación Patos investiga presuntos delitos de prevaricación, suborno e tráfico de influencias cometidos na concesión de contratos públicos por parte de distintas administracións en Vigo e a súa área metropolitana. Nos documentos da investigación recóllese que tanto Louzán como Caballero terían recibido, entre outros agasallos, reloxos de luxo, valorados en máis de 1.750 euros cada un.

Sociedade