O foco hai que poñelo atrás

Cultural Maniños 2- Sporting de Cambre 2
11 de Marzo, 2019 - 10:42 h. | Publicada por Radio Fene

Tras o primeiro empate, o Maniños tivo ocasións de gañar. Fuguillas tivo a mellor nas súas botas pero un erro dos locais mudou a sorte.

ESCOITA O PODCAST:

Maniños 2- Sporting de Cambre 2. Un punto que non satisfai as aspiracións dos feneses porque, a pesar do xusto do resultado final, foi un encontro no que o Maniños creou máis ocasións que os rivais. “Poidemos gañar pero tamén é verdade que tiñamos o encontro perdido” explica claramente o técnico, Pablo Mesa.

Na primeira parte non mandou o Maniños. No primeiro minuto da segunda parte chegou o gol contrario pero reaccionou o equipo do Pote e empatou. A partir daí o Maniños tivo ocasións de facerse coa victoria pero un erro de bulto provocou que se volvera a adiantar o Cambre. Na recta final chegou o empate definitivo.

Mesa amósase contento cos dianteiros e centrocampistas e afirma que o problema téñeno atrás. Entende o técnico do Cultural Maniños que teñen un número de goles propio de merecer máis puntos, pero tamén encaixan moitos e esa é a sangría do equipo. “O foco hai que poñelo atrás” sentencia o técnico.

A próxima xornada o Cultural Maniños visita ao Eume Deportivo, cun planter moi dinámico e imbatible na casa. Aínda quedan xornadas e hai que pelexar ata o final. "Onte foi un pau" declara Pablo Mesa, pero hai que gañar puntos nos que quedan.

Deportes

Publica o teu comentario agora