O Fogar do Maior de Allariz acolle as III Xornadas de Persoas Maiores

O Fogar do Maior de Allariz acolle as III Xornadas de Persoas Maiores

25 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

O Fogar dos Maior acollerá a terceira edición das Xornadas de Persoas Maiores dedicadas este ano a “Maiores: saúde, cultura e solidariedade”. Realizaranse do 1 ao 9 de outubro e nelas inclúense charlas, obradoiros, teatro e exposicións. A programación comezará o día 1 de outubro, Día internacional das persoas de idade, cunha charla inaugura

As xornadas terán ademais unha parte máis práctica na que os participantes poderán participar de forma activa. Sonia Paz, técnica responsable da área de maiores do Concello de Allariz impartirá “Estimulación cognitiva no fogar”; Ana Cardoso, técnica de igualdade no mesmo concello tratará o tema relacionado coa “Muller e a vellez” e por último Azucena Cerezales, realizará un obradoiro de psicomotricidade para coidadoras/es de persoas maiores.

Para poder participar nestes obradoiros é preciso inscribirse no Fogar do Maior antes do día 2 de outubro, a través do teléfono 988554059 ou correo electrónico fogardosmaiores@allariz.com.

Haberá unha exposición permanente entre o 5 e o 9 de outubro realizada polo fotógrafo Sebastiao Salgado. A exposición “Terra” retrata o traballo do Movemento dos Sem Terra no Brasil.

A clausura terá lugar na Casa de Cultura o día 9 ás 18:00h. A compañía “Os Pacorroques”, un grupo de maiores de Celanova, interpretarán as obras “O Estebiño” e “A Tía Lambida”

Todos estes actos desenvolveranse no Fogar dos Maiores ás 19:00h.

Sociedade