O folión máis divertido do mundo

O folión máis divertido do mundo
28 de Febreiro, 2025 - 12:52 h. | Publicada por Radio Fene

O Colexio Jorge Juan protagonizou tamén esta mañá en Fene o “folión máis divertido do mundo”. Agradeceron a colaboración das familias nun evento adicado á nosa saúde. O espectáculo na Praza Ramón Souto finalizou cun Viva o Entroido 2025.

Fotografia Xan Xe

Rapaces e rapazas da Jorge de Infantil, Primaria e ESO participaron esta mañá cos seus disfraces no desfile entre o centro educativo e a Praza Ramón Souto. Cociñeiras, deportistas, sanitarios e froitas misturábanse coas familias que tamén participaron.

 

Imaxe do Entroido esta mañá en Fene

Fotografía Xan Xe

Cultura

Publica o teu comentario agora