O Fondo Galego de Cooperación abre a convocatoria de participación en “Vacacións con Traballo”

O Fondo Galego de Cooperación abre a convocatoria de participación en “Vacacións con Traballo”

23 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Catro traballadores da Administración local galega protagonizarán experiencias de voluntariado en Cabo Verde e Nicaragua nunha nova edición do programa “Vacacións con Traballo”, promovido polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A iniciativa volve ofertar catro prazas en países do Sur onde a entidade apoia proxectos de cooperación para o desenvolvemento. O perfil pre

Tamén no arquipélago africano, dúas persoas voluntarias colaborarán coa Cámara Municipal do Paúl. As profesións solicitadas son a de arquitecto e mais a dun técnico da área do saneamento, aínda que neste caso existe a segunda opción dun especialista en medio ambiente. As persoas interesadas poden atopar no web www.fondogalego.org as bases da convocatoria e o formulario de inscrición.

Caderno Experiencias Solidarias 2010

Aproveitando a presentación desta nova convocatorio, o Fondo Galego de Cooperación deu a coñecer o caderno Experiencias Solidarias 2010. Esta publicación recolle os testemuños dos voluntarios que gozaron o ano pasado de “Vacacións con Traballo”. Trátase do interventor do Concello de Ourense, Gonzalo Alonso, que viaxou a Cabo Verde; a directora da Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico de Verín, Patricia Varela, que estivo en Santiago de Cuba; a psicóloga do CIM de Nigrán (Pontevedra), Carolina Iglesias, que cooperou no Perú; e do técnico da Deputación de Lugo, Brais García, que realizou a súa estadía en Nicaragua.

As e os participantes coincidiron en animar aos empregados das catro Deputacións e os 95 Concellos socios do Fondo Galego a apuntarse no programa para desenvolver o seu labor “nunha realidade tan diferente pero tan achegada” como é a dos países do Sur. Sinalaron ademais que a carencia de materiais que padecen nestes lugares “súplese con vontade e sensibilidade polas problemáticas” existentes.

Pola súa banda, o responsable da Secretaría Técnica do Fondo Galego, Ánxelo González, salientou que “Vacacións con Traballo” é un dos “programas bandeira” da asociación municipalista e “que ten escaso parangón” no noso contorno. Destacou o “compoñente de aventura e de coñecemento doutras culturas” da iniciativa, pero sobre todo a vertente da cooperación, que “non é só transferir coñecemento senón tamén aprender no proceso”. Ánxelo González apuntou que “aínda en tempos de crise non podemos reducir o esforzo en cooperación internacional, que en Galicia xa é ínfimo”. Neste senso, ofreceu datos coma o que sitúa a Comunidade Autónoma no penúltimo lugar neste eido ou aos Concellos galegos entre seis e sete veces por baixo da media estatal. Ao mesmo tempo, situou o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade como un “referente”, pois vén de ser seleccionado para asesorar a Alemaña e Portugal en materia de cooperación municipalista a través dun proxecto da UE.

Sociedade