O fotógrafo galego José Cendón regresará a Etiopía a próxima semana para retomar a súa carreira

O fotógrafo galego José Cendón regresará a Etiopía a próxima semana para retomar a súa carreira

17 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O fotoxornalista galego, José Cendón, confirmou hoxe que regresará a Etiopia, onde mantén a súa oficina de traballo, a próxima semana. Asimesmo, manifestou a súa vontade de regresar a Sudáfrica en 2010, tras reorientar a súa vida en Compostela e adicarse a diferentes proxectos que ten en mente. O pasado 26 de novembro foi secuestrado en Somalia cando estaba a facer un traballo sobre a piratería na rexión de Puntlandia, e posteriorm

Cendón impartiu hoxe unha conferencia baixo o título 'Un fotógrafo por libre en el centro del conflicto' na Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela, na que transmitiu a súa "experiencia", e confiou en que "sexa de utilidade" para os futuros profesionais do xornalismo. Neste sentido, explicou que para adentrarse nese mundo é preciso "comezar de freelance" e "actuar por ti mesmo, buscarse a vida", e recalcou a súa preferencia por traballar "por libre" e sen vinculación contractual. Ademáis, matizou o funcionamento das diferentes axencias de noticias, xornais e revistas tanto estatais como internacionais. Por outro lado, Cendón está nomeado aos premios Xosé Couso de Liberdade de Prensa e xa acadou prestixiosos galardóns coma o World Press Photo e o Picture of the Year.

   
 
Sociedade