ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Na súa cuarta edición, o Festival de Sci-fi e Fantástico Freakemacine rende homenaxe a directores e actores españois do cinema de terror dos anos 70; tales como Jess Franco, Lina Romay, Víctor Israel, Paul Naschy, Jorge Grau e Jose Ramón Larraz. A cita, que arrincou este serán na Coruña, desenvolverase ata o domingo na Fundación Luís Seoane e o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI). A primeira das sedes acollerá charlas, obr
O Freakemacine renderá tributo ao director Jess Franco e a súa esposa e musa, a recentemente falecida Lina Romay. Para esta ocasión pasaranse no CGAI dúas das películas máis emblemáticas do prolífico director: Necronomicon, en copia de 35mm cedida pola Filmoteca Española, e A comtesse noire, por petición expresa do propio realizador xa que considera que é o filme no que Romay “sae máis bonita”.
Unha das novidades desta edición do festival será a Feira do Terror, que se celebrará o venres e sábado na Fundación Luís Seoane. Este evento contará coa presenza do xornalista e editor experto en cinema fantástico Luís Vigil; mentres que Demo Editorial, da man do seu director Manel Cranio, presentará o novo selo Häinös, dedicado ao cómic Sci-fi e Fantástico. Tamén se poderá participar nun dos dous talleres de maquillaxe impartidos por Gustavo Melella, visitar a exposición de obras de SFX de 4 Ollos studio e Nacho Rouco ou pasear entre as diferentes casetas da feira.
Como broche final da cita, celebrarase este sábado a segunda edición da Freakemacine Zombie Walk, que encherá de mortos vivintes as rúas herculinas. A marcha arrincará ás oito da tarde no Obelisco e será conducida polos irmáns siameses zombies (Nelson Quintero e Alberto dá Sinda) cara á Fundación Luís Seoane, onde se proxectará a longametraxe Cop models, de Adrian Cardona. Terá lugar despois unha festa-concerto na praza de Azcárraga, onde actuará o grupo barcelonés de psychobilly Motorzombis, e, a partir da unha da madrugada, a celebración continuará na sala Garufa con Dj. Zardoz.