ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Seguen as queixas dos usuarios do Local Social da Terceira Idade de Fene. Logo do peche da cafetería e da perruquería , que provocou o descontento xeral entre os maiores se suma agora outra denuncia. Unha usuaria do Centro, manifestou en Radiofusión , a perplexidade que lle produciu que entre as numerosas fotos que se expoñen no local, non apareza a do fundador do centro, Constantino Fernández Rosado.
Constantino Fernández máis coñecido como Tante, foi concelleiro durante varios anos como independente na corporación de Fene. Pero tamén foi o que traballou a prol do proxecto para que o centro de maiores vira a luz, subliñou a muller. Fernández Rosado xunto con outros fundadores, pateou as rúas da Coruña , Santiago e Madrid para conseguir para Fene o centro da Rúa do Castro.Xa denunciaron o feito ao Director do Centro quen fixo oídos xordos, asegurou.
O ambiente está algo caldeado no centro pois esta non é a única queixa rexistrada. O peche da cafetería está a impedir a celebración dos xantares e bailes que os maiores desfrutaban regularmente. Non contan cunha cafetería na que poder tomar un café , sobre todo, agora que comeza o mal tempo. Resta ver como se arranxa esta situación.