O funk fusión de Álvaro Muras

O funk fusión de Álvaro Muras

09 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

Álvaro Muras experimenta de xeito moi particular o funk fusión. A interactividade co público e búsqueda da diferencia, do orixinal, a través dunha música libre e aberta. A súa idea pasa por poñer o son do baixo eléctrico nun primeiro plano en compañia doutros instrumentos que á súa vez vaian cobrando certo protagonismo.

Esta noite (sábado 9. 23,59 horas) actúa no Pub El Otro Caimán, de Monforte de Lemos (Lugo). Xunto a él estarán Kaze-beat na batería e á guitarra, Julio Cuns. Tamén subirán ao escenario os membros do grupo de Vigo Por Placer.

Cultura