O Furancho de Arte Contemporánea convida a descubrir “os excedentes culturais”

O Furancho de Arte Contemporánea convida a descubrir “os excedentes culturais”

25 de Marzo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

"Do mesmo xeito que os furanchos dan saída ao excedente vinícola, nós intentamos dar saída ao excedente cultural do que formamos parte". Describe así Diego Vites o Furancho de Arte Contemporánea (FAC), un galpón reconvertido en espazo creativo que acaba de abrir as súas portas na parroquia compostelá de A Peregrina. O proxecto, que Vites impulsou canda Olmo Blanco e Ania González, “xorde da necesidade dun lugar intermedi

O programa do Furancho de Arte Contemporánea artellarase en tres formatos diferentes: O FAC Producións (creacións propias dos impulsores do proxecto), o FAC Convidados (montaxes expositivas desenvolvidas por outros artistas ou colectivos por convite do Furancho) e o FAC Express (propostas de curta duración que atendan de xeito espontáneo ás posibles urxencias espaciais ou de presentación doutros proxectos artísticos). Este novo espazo constitúe, aseguran os seus impulsores, “unha clara declaración de intencións, unha toma de posición e unha decidida acción fronte ao descrédito e ao descontento co actual desenvolvemento do sector profesional das artes en Galicia”.

Cultura