O futbol gaélico galego quere ser mundial

O futbol gaélico galego quere ser mundial

28 de Xaneiro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Sada

A gaita non é precisamente o instrumento nacional dos Emiratos Árabes Unidos, pero o son das gaitas deixarase sentir en Abu Dhabi. Alí celébrase entre o 5 e o 8 de marzo o Campionato do Mundo de Fútbol Gaélico, unha espectacular variente do balompé, que mestura elementos do rugbi e mesmo do baloncesto e que causa furor no seu país de orixe, Irlanda. E a gaita irlandesa non vai ser a única que soe dentro dunhas s

O campionato contará coa participación de equipos e seleccións dos cinco continentes, no masculino divididos en dous grupos, un deles onde figurarán os equipos campións das distintas confederacións mundiais e un segundo con seleccións nacionais. A nosa Selección queda encadrada neste último coas seleccións de Arxentina, Sudáfrica e o Golfo Pérsico, e ao que se engadirían, no caso de confirmarse a súa presenza, as seleccións de Italia, Francia e India. No caso da feminina, haberá un so grupo englobando os equipos campións e seleccións.

Debido ao custoso desprazamento e estadía dos seleccionados nos Emiratos Árabes, a Asociación Galega de Fútbol Gaélico precisa recadar os fondos para facelo posible. Pódese colaborar neste enderezo de internet: http://www.sponsorto.org//project/seleccion-galega-ao-mundial

Deportes