O futuro do galego

O futuro do galego
01 de Outubro, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Eume, Itxaso e Icía son tres dos protagonistas dunha festa que se vai celebrar este sábado. O Dia da Criança Galegofalante chega á súa cuarta edición. Falamos desta celebración con Irati Urizarbarrena, Xoán Padín, Icía, Itxaso e Eume en Radio Fene. 

 

ESCOITA O PODCAST:

O escritor, mestre e investigador do xogo tradicional Antón Cortizas será o padriño da cuarta edición do Día da Crianza Galegofalante. Unha festa organizada polo colectivo Brincarmos, o grupo de familias da Associação Cultural Artábria, que convida a todas as familias a compartir a celebración este sábado, día 3 de outubro no Centro Cívico en Canido. O pregón será ás catro da tarde, pero as actividades xa comezarán ás doce con un obradoiro de elaboración de instrumentos tradicionais. Tamén haberá xantar, maxia e actuacións musicais como a do neno de Fene Gael Ares e de MJ Pérez. 

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora