ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A alcaldesa de Fene, Sandra Permuy, defende recuperar o sector naval para reforzar o futuro industrial de Navantia. Realizou unha visita institucional ás instalacións de Navantia Fene acompañada polos deputados do BNG no Congreso, Néstor Rego, e no Parlamento de Galicia, Mon Fernández.

A visita tivo como obxectivo coñecer de primeira man o resultado das transformacións levadas a cabo no estaleiro para adaptarse ao novo negocio da eólica mariña. Durante o percorrido polas instalacións, puideron comprobar os cambios realizados nos últimos anos para dar resposta ás novas demandas industriais vinculadas á construción de estruturas para parques eólicos mariños, un sector estratéxico no que Navantia Fene tense posicionado como referente. Os deputados tamén se entrevistaron con representantes dos traballadores das compañías auxiliares.
Publica o teu comentario agora