ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A partir do experto francés en quiromancia Adolphe Desbarrolles e de Álvaro Cunqueiro, analisamos a man dereita do capitán do Perlio, Rubén Varela para intentar pronosticar o futuro máis inmediato do equipo. Partimos de certa falacia como é o identificar o destino do equipo co personalísimo do seu capitán. Pero tamén é certo, que a un capitán de brillante destino corresponderá, en certo xeito, o brillante destino do equipo. As mans falan, ás veces.
Na man do capitán do Perlío, Rubén Varela, un monte de Venus moi claro, coa liña de cabeza atravesando toda a man horizontalmente. A liña do corazón ten ramificacións cara os dedos. Dada a forma da eminencia Hypothénar, é unha man sentimental. Se pasamos ao Perlío o que di a man, vemos un equipo inquedo, loitador, pero que non coinciden os esforzos que fai cos froitos logrados. Unha man honesta. Pronosticamos un empate que deixaría a resolución da Liga para a seguinte e última xornada.
O Perlío xoga co Valdoviño, o domingo ás cinco e media da tarde no campo de Caranza en Ferrol. Arbitra Daniel Barrera. O Perlío é lider con 47 puntos. O Valdoviño ocupa a segunda posición con 45. A vitoria do Perlío daríalle automaticamente a primeira posición e o ascenso de cantegoria á Primeira Galicia de fútbol. Un empate deixaría todo dependendo da última xornada. Se gaña o Valdoviño, terá todas as papeletas para o liderato, pero matematicamente non se concretaría ata o último partido. Na última xornada – o 5 de xuño- o Perlío recibe ao Mugardos B e o Valdoviño visita ao San Mateo.
Artigo baseado na noticia elaborada por Alvaro Cunqueiro sobre os capitáns dos equipos galegos e publicada no Faro de Vigo o 19 de novembro de 1961.
Publica o teu comentario agora