O futuro peta na porta

O futuro peta na porta
07 de Xuño, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Entrega de premios e inauguración da exposición das obras presentadas ao II Concurso de Banda Deseñada de Humor Demo Pequeno. Acto previsto para este venres, ás seis da tarde, no Museo do Humor Xaquín Marín de Fene.  A responsable do Museo Xaquín Marín, Almudena Marcos, falou en Radio Fene da boa acollida do certame nesta segunda edición.

ESCOITA O PODCAST:

Ao redor de sesenta obras compoñen a exposición do II Concurso de Banda Deseñada de Humor Demo Pequeno. Son os traballos presentados ao II Certame Demo Pequeno, que ten como obxectivo a promoción da creatividade entre a rapazada. Quedarán expostos no Museo do Humor ata o mércores 31 de xullo. Este ano o certame tratou, con enfoque humorístico sobre “a revolución tecnolóxica que está a cambiar o mundo”. Diego Noguerol gañou o primeiro premio na categoría infantil e Ainara Soto foi a gañadora na categoría xuvenil.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora