O Gaiás amosa a historia da cartografía galega

O Gaiás amosa a historia da cartografía galega

08 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

"Para uns a Terra é o pequeno berce en que naceron (...). Para outros, a Terra, é tan grande que só alcanzan a vela no mapa de Fontán". Deste xeito referiuse Castelao á Carta Xeométrica de Galicia, realizada polo matemático Domingo Fontán nas primeiras décadas do século XIX. Este mapa, de 2,45 metros de alto por 2,25 de ancho, é unha das pezas que inclúe Cartograf

Confeccionada con fondos adquiridos pola Biblioteca da Cidade da Cultura, Cartografía antiga de Galicia presenta un percorrido polos mapas e cartas náuticas que se debuxaron dende finais do século XVI ao XIX. Na mostra, ademais do Fontán, atópase un exemplar do que é considerado o primeiro mapa de Galicia, o que elaborou o dominico Hernando Ojea en México e imprimiu en Amberes (Bélxica) no 1603. Outro exemplar destacado corresponde ao holandés Lucas Jans Waghenaer, quen, a finais do século XVI, foi o primeiro en recompilar información e construír cartas náuticas da costa atlántica europea, dende Escandinavia ata Xibraltar. Das 23 que se incluíron no Sphiegel der Zeevaert (O Espello da Navegación), tres corresponden a Galicia e unha delas está nesta exposición.

Sociedade