ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Armada levou a cabo en abril do 2019 unha inmersión de recoñecemento acompañando ao arqueólogo submarino Miguel San Claudio, co obxectivo de comprobar o estado dos restos do Galeón de Ribadeo. A importancia deste galeón radica na súa singularidade e no seu excepcional estado de conservación. Non hai outro igual, non coñecemos ningún galeón español de guerra do séuclo XVI no mundo, segundo San Claudio.
O galeón de Ribadeo, O San Giacomo di Galizia, tiña 34 metros de eslora cunha capacidade de carga de 1.200 toneladas e un cento de tripulantes. Para traslado de tropas podía levar trescentas persoas máis. O San Giacomo afundiuse en Ribadeo o 13 de novembro de 1597. A tripulación e a tropa desembarcou auxiliada pola poboación da zona. O barco fora construido con carballo das inmediacións de Vesubio en Italia en 1590.
Mergulladores da Armada Española, pertencentes á Unidade de Mergullo de Ferrol (UBUFER), en coordinación co Servizo Arqueolóxico da Xunta de Galicia e un equipo internacional de arqueólogos, realizaron unha campaña de dúas semanas en augas da Ría de Ribadeo, para levar a cabo unha profunda investigación sobre os restos do pecio San Giacomo dei Galizia coñecido como Galeón de Ribadeo.
O equipo de mergulladores da UBUFER, conforme ao Plan de Protección e Vixilancia do Patrimonio Arqueolóxico Mergullado da Armada, en coordinación co Servizo Arqueolóxico da Xunta, achegou un equipo de mergulladores e diverso material para colaborar nas tarefas de procura e localización dos restos mergullados.
O proxecto está financiado pola Xunta de Galicia e dirixido polo arqueólogo Submarino e doutor Miguel San Claudio Santa Cruz, o cal dirixe un equipo de arqueólogos de diferentes nacionalidades e especialidades, entre os que se atopa a doutora Ana Crespo Solaina, pertencente ao Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).