O galeón María Rosa preside o hall do Concello de Boiro

O galeón María Rosa preside o hall do Concello de Boiro

02 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

O hall do Concello de Boiro amosa desde hai uns días unha réplica dun galeón tallado en madeira, obra do veciño de Cesar (Boiro) D. Santos Sieira Rodríguez, quen obsequiou ao Concello con esta talla na que invertiu seis meses de traballo. O galeón, bautizado co nome de María Rosa, é unha réplica dun galeón construído nun asteleiro de Ferrol, cidade á que viaxou este veciño para facerse cos planos do mesmo para re

D. Santos Sieira Rodríguez, carpinteiro de profesión, aínda que na actualidade está xubilado, é afeccionado desde rapaz á talla de barcos de distintas tipoloxías e tamaños, e leva feitos máis de medio cento deles, “aínda que este é o máis grande dos que fixen ata o de agora”, sinalou. Algúns destes buques forman parte dunha colección que posúe na súa casa, a modo de museo, e outros “funos regalando aos amigos”. Agora, acaba de doar ao Concello esta obra, o galeón María Rosa, feito con moito cariño e bautizado con este nome na honra da súa muller, falecida hai uns meses. 

O Concello de Boiro agradece a D. Santos Sieira Rodríguez este obsequio, que permanecerá no hall da Casa Consistorial para que tódolos veciños poidan ver e disfrutar a obra deste artesán.

Sociedade