O Galego de cross correrase en Fene o seis de marzo

O Galego de cross correrase en Fene o seis de marzo

04 de Febreiro, 2016 - 12:00 h. | Publicada por

O Campionato Galego de Cross de Veteráns correrase o seis de marzo en Fene. Entre trescentos e catrocentos atletas participarán na proba, nun circuito dun quilómetro habilitado na zona da Xunqueira de San Valentín. Colabora na organización o Concello de Fene e o club de atletismo Fene.

A entidade está en proceso de formación co obxectivo de darlle continuidade á escola de atletismo que xa funcionou o curso pasado en Fene. Tamén pretende dar asesoramento a persoas que corren ou andan de xeito habitual. Antonio Rodriguez, Victor Sabín, Sergio Piñón, Angel del Rio e Marcelo Serantes, son algúns dos promotores dun club que tamén quere adecuar un circuito permanente de cross en San Valentin, un percorrido para andainas no interior do pavillón da Xunqueira e a recuperación das pistas de atletismo do Pazo en Barallobre.

Sociedade