O galego, vantaxe nas novas tecnoloxias

O galego, vantaxe nas novas tecnoloxías
19 de Decembro, 2025 - 08:37 h. | Publicada por Radiofusión

O galego é a décima lingua das 163 existentes na plataformas pública de datos de voz Common Voice, segundo se puxo de manifesto no encontro "Tecnoloxia en galego: resultados de Ilenia - Proxecto Nós". O acto desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da Universidade de Santiago de Compostela. Un dos retos do futuro de Nós - Ilenia- Alia é conseguir que Siri e Alexa falen no noso idioma, explicaron os promotores do proxecto.

Senén Barro, Henrique Sanfiz e Elisa Fernández

"Hai que educar ás persoas usuarias porque a intelixencia artificial fala doutro xeito" indicouse no acto no que se deron a coñecer distintos recursos de código aberto para a divulgación das posibilidades da IA. O proxecto Nös agradeceu a colaboración de Emisoras Municipais Galegas, Nós diario, Tempos Novos, Revista Pincha, Código cero, Que pasa na costa e doutras institucións que colaboraron coa iniciativa.

A directora xeral de IA do Ministeiro para a Transformación Dixital Aleida Alcaide explicou que se pecha a etapa da rede Ilenia dando paso a Alia, a nova infraestrutura pública de IA en español, catalán, euskera e galego. Clausuraron o evento o secretario xeral de Lingua Valentín García e o delegado do Goberno en Galicia Pedro Blanco.

 

 

Fotografía Marcos Fernández.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Fotografía Marcos Fernández

Cultura

Publica o teu comentario agora