ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
"Aquí aplicaban o garrote vil e nós, os presos, viamos o aparello desde as ventás da enfermería" relata Daniel Romero López, detido en 1948 acusado de colaborar coa guerrilla antifranquista. Pertencía ao Partido Comunista e compartiu cárcere na prisión provincial da Coruña con Gayoso e Julián, 2 militantes executados en novembro dese ano, despois de ser condenados en consello de guerra. A dictadura franquista aprobara en 1947
Con Daniel Romero, visitamos a prisión provincial da Coruña, centro penitenciario construido en 1927 e que acolleu a boa parte dos presos antifranquistas galegos. Romero entrou emocionado na cela que ocupou, e tamén sinalaba o habitáculo onde durmian Gayoso e Julián. "Cobrábannos 1,5 pesetas por ducharnos con auga quente" afirma Daniel ao tempo que relata o seu destino no economato do cárcere. "Como sabía algo de contabilidade, puxéronme a levar as contas e na mesa onde traballaba era onde o verdugo redactaba os papeis das execucións, e logo rompía as plumas coas que escribía". Con auga fría deixaban duchar aos presos de xeito gratuito. Iso sí, só 2 veces por semana.
En setembro de 1948 xulgan e condenan a Daniel Romero. Da prisión da Coruña trasládanno a un campo de traballo en Asturias. Saca do cárcere escondido nun libro de mecánica, un retrato de Gayoso, que realizara outro compañeiro preso, José Bartrina. Despídese dos dous compañeiros cos que falaba a través dun ventanuco, mentras eles saían ao patio. Antonio Seoane Sánchez "Julián" (Xefe do Exercito Guerrilleiro de Galicia) e José Gómez Gayoso (Secretario Xeral do PCE en Galicia) serán executados a garrote vil no cárcere de A Coruña o 8 de novembro de 1948.