O gas é caro e contamina

O gas é caro e contamina
15 de Novembro, 2021 - 10:41 h. | Publicada por Radio Fene

Activistas de Green Peace entraron esta mañá na planta de gas de Mugardos para reclamar un abandono ordenado pero urxente dos combustibles fósiles. Desplegaron unha pancarta de vinte metros de lonxitude e tres metros de alto co lema "O gas é caro e contamina" nun dos tanques da regasificadora. Lanzaron unha iniciativa europea para prohibir a publicidade das empresas de combustibles fósiles que intentar "lavar a súa imaxe" coa adquisición de grandes paquetes publicitarios. 

Pancarta de Green Peace en Reganosa

O gas é un combustíbel fósil contaminante, explican, como o petróleo ou o carbón. “É un potente emisor de gases de efecto invernadoiro composto fundamentalmente por metano, un gas cun potencial de quecemento global 84 veces superior ao do CO2 aos 20 anos, e sen a súa eliminación paulatina non se poderá frear a emerxencia climática e a crise enerxética”.
 

Sociedade

Publica o teu comentario agora