ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O goberno da cooperativa. Un edil da oposición conservadora chamaba así á coalición de goberno dunha vila galega coa intención de desprestixialo. Hoxendia as cooperativas poden ser tamén modelos de eficiencia económica e social.
Técnicos de AGACA impartiron esta mañá unha xornada didáctica sobre as vantaxes do cooperativismo como fórmula de emprendemento ou de crecemento laboral e económico para medio centenar de estudantes de quinto curso de primaria do CEIP Rosalía de Castro, de Lugo.
O alumnado aprendeu en qué consiste o modelo de negocio cooperativo e as súas vantaxes no ámbito profesional a través de varios exemplos de emprendemento e cooperativismo que se estableceron con éxito no mundo rural en diferentes campos de actividade, dende a artesanía ata o ocio ou a alimentación.
O obxectivo da actividade, enmarcada nun dos obradoiros de “Emprendemento e Cooperativas. Modelo de Negocio”, é darlles a coñecer este modelo de negocio así como mostrarlles de primeira man os pormenores do funcionamento dunha cooperativa; neste caso, percorreron as instalacións de Feiraco, dedicada ao sector lácteo.
Rede Eusumo
Fundación Feiraco funciona desde 2012 coma un dos Centros Rede Eusumo para a dinamización do emprendemento cooperativo. Asesoramento, orientación, formación, acompañamento nas iniciativas empresariais, apoio á internacionalización, celebración de encontros internacionais e transfronteirizos, intercambio comercial e cooperación transversal definen a rede transversal de colaboración Eusumo, nacida no 2011 co impulso da Consellería de Economía, Emprego e Industria.