ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O BNG califica de "escándalo" o ocurrido co exame para a provisión dunha praza de peón municipal. O alcalde de Fene, presidente do tribunal, defende a sua honradez no proceso e reta a que o denuncien quenes teñen dubidas de que o exame saíra do seu ordenador. Os afectados opinan que é incríble que unha das persoas que se examinóu poidese ler 54 preguntas tipo test en cinco minutos e levar unha nota de 10.
O alcalde de Fene, Iván Puentes, convocará aos membros do tribunal da praza de peón estes dias, antes do dia 30 cando está fixada a última proba desa praza. O BNG pediu unha xuntanza do tribunal para investigar o que pasou, para que non queden dúbidas e para que este tipo de procesos selectivos se fagan con total transparencia e garantías para os aspirantes. Consultado por Radiofusión, o alcalde Iván Puentes responde que o proceso do exame foi totalmente trasparente, seguindo o mesmo modelo que utilizaba o BNG , o da participación de todolos grupos pero mellorado porque agora os grupos politicos aportan preguntas para as probas.
O voceiro do Bloque, Manuel Polo, califica de “feito sen precedentes” en Fene que os aspirantes á praza pidan a impugnación da proba. Polo afirma que o exame se escribiu tres horas antes da proba, só no ordenador do alcalde, único sitio de onde puido sair. Moi afectado porque se poña en dúbida a sua honradez, o alcalde fenés reta a que o denuncien e que chequeen os correos que enviou ese día dende o concello.
Na demanda que presentaron os aspirantes, pónse en dúbida que sexa posible leer 54 preguntas en cinco minutos, e respondelas todas correctamente nese tempo. O Bloque sigue reclamando que se reuna o tribunal para estudar o caso. O alcalde está disposto a convocalo nos proximos dias, antes de que teña lugar a terceira e ultima proba do proceso de asignacion desa praza.