O goberno de As Pontes a prol da consolidación do seu tecido empresarial

O goberno de As Pontes a prol da consolidación do seu tecido empresarial

17 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

O executivo pontés, mediante o departamento municipal de Promoción Industrial, continúa co seu traballo para optimizar os recursos cos que conta esta concellería para coñecer de primeira man as necesidades das empresas afincadas en As Pontes, ofrecéndolles unha resposta en clave de persoal cualificado e debidamente formado. Para afondar nas necesidades das empresas, o departamento que dirixe Óscar García está a manter diferentes encontros coa di

Segundo anunciaron dende esta concellería, os resultados destes encontros están a ser moi positivos o que se traduce no traballo que se está a desenvolver dende o Instituto Pontés de Promoción Económica (IPPEC), encargado de traballar no deseño e programación das diferentes accións formativas que, finalmente, se realicen e que permitan atallar o éxodo de poboación pontesa debidamente cualificada a outros concellos, ofrecéndolles alternativas laborais e de futuro en empresas locais e os recursos precisos, neste caso formativos, para incrementar os seus coñecementos e as súas capacidades laborais.

Sociedade