O goberno en funcións prorroga a concesión á celulosa de Pontevedra por sesenta anos

O goberno en funcións prorroga a concesión á celulosa de Pontevedra por sesenta anos

26 de Xaneiro, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A  plataforma Ence Fóra, na que se incluie o Concello de Pontevedra, fala de cacicada do Partido Popular e de traición a Galicia de Mariano Rajoy. É unha moi mala noticia para a cidade, segundo o ecoloxista Antón Masa, quen sinalou que a decisión non é firme. O goberno en funcións prorrogou onte ata o 2073 a concesión de terreos públicos na ría de Pontevedra para a celulosa. O beneplácito permitirá á pasteira seg

A presencia da fábrica de celulosa na Ría é un aspecto moi polémico na comarca, onde existe hai décadas un activo tecido social contrario á industria. Un dos colectivos máis críticos, Salvemos Pontevedra, mantén aberto un preito no que reclama que o Estado abra e execute o expediente para facer caducar a concesión na costa, agora prorrogada.

O asunto tamén é moi relevante a nivel político, pois o PP prometeu a nivel galego que buscaría outra situación para a fábrica cerca de Pontevedra, mentres os conservadores e varios sidnicatos a nivel local sempre estiveron a prol da súa permanencia na praia de Placeres. Polo contrario, os partidos de esquerda levan anos apoiando as mobilizacións de colectivos como a Asociación en Defensa da Ría contra a celulosa. Este asociación argumenta que se ceden "terreos de titularidade pública a unha empresa privada que, ademáis, incumpre a legalidade".

Sociedade