O goberno local de Santiago, a xuizo por prevaricación o 19 de maio

O goberno local de Santiago, a xuizo por prevaricación o 19 de maio

07 de Maio, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

A Audiencia da Coruña ven de desestimar o recurso presentado polos concelleiros do Partido Popular de Santiago de Compostela. Serán xulgados o 19 de maio por tomar o acordo de pagaren con fondos públicos  a defensa doutro edíl imputado na operación Pokemon.

Os sete edís composteláns que tomaron parte na Xunta Local de Goberno do 30 de maio do 2013 serán xulgados por un presunto delito de prevaricación. A fiscalía pídelle nove anos de inhabilitación para o desempeño de cargo público. O fallo sostén que o gasto "se asumiu de xeito incondicionado, sen suxeción ás esixencias que derivan da lei e da xurisprudencia, esixencias coñecidas polos concelleiros por constar expresamente no informe que lles foi lido antes da adopción do acordo". Agora o PP terá que decidir se lles reclama a dimisión dos seus cargos, se os aparta do partido ou solicita ao Consello de Ministros a disolución da Corporación e o nomeamento dunha xestora ata as eleccións municipais de maio do 2015.

Sociedade