O golf tamén existe

Queren extender a práctica do golf polo concello de Narón e pola comarca
05 de Febreiro, 2020 - 02:20 h. | Publicada por Radio Fene

A nova directiva do Club de golf Campomar de Narón marcouse o obxectivo de divulgar as súas magníficas instalacións para extender entre a veciñanza a práctica deste deporte.

A partir do pasado mes de novembro de 2019, un novo equipo entrou a formar parte da directiva do club de golf Campomar, unha vez que a anterior xunta de goberno presentase a súa dimisión. Entre os proxectos que pretenden presentar aos socios,  está o de facer máis visible e dinamizar este deporte, ofrecéndoo e dándoo a coñecer á veciñanza, á comarca e en xeral a todas aquelas persoas que queiran descubrir unha nova actividade deportiva.

Proba diso é a visita, o pasado domingo 2 de febreiro, do concelleiro de deportes do Concello de Narón, José Oreona, quen de maneira moi activa está a apostar por esta idea. Tamén visitou as instalacións o presidente da asociación de veciños de O Val, Manuel Teijeiro e parte do seu grupo de Goberno, confirmando así o seu apoio a este proxecto. Estas visitas acreditan o compromiso para iniciar unha colaboración, que prevén duradeira e exitosa, e a posibilidade de sacar o maior partido ás instalacións dentro dun marco privilexiado e único en máis de 20 concellos da contorna e ao longo de 625 km2.

O club de golf Campomar ubícase no lugar de Vilacornelle, no Val, concello de Narón (A Coruña). Xunto co de Miño son as únicas alternativas da comarca para a práctica deste deporte.

Deportes

Publica o teu comentario agora