O gran museo crecente de Lugo e Galicia

O gran museo crecente de Lugo e Galicia

05 de Setembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Encontros co Patrimonio

É un depósito de historia que xa escribíu a súa propia. Oitenta anos contemplan o Museo Provincial de Lugo, creado pola Deputación para reunir e protexer os bens do patrimonio cultural lucense. Ao cabo, o propio museo acabaría por converterse non só en escenario, senón tamén en protagonista, xa que conta coa declaración de Ben de Interese Cultural. É este un deses casos no que o continente non desm

Ben de Interese Cultural dende 1962, o Museo Provincial de Lugo ratificou calquera merecemento anterior coa súa ampliación en 1997. Os méritos do continente son abondos, mais a fermosura das súas dependencias non agocha todo canto de importante hai no contido. No programa coñecemos como se xestiona unha programación responsable de axitar o interese cultural de toda unha provincia. Faise partindo dunha colección de pezas que abranguen toda a historia de Galicia.

Cultura