O gravado desacougante de Xosé Poldras

O gravado desacougante de Xosé Poldras

14 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O artista Xosé Poldras inicia uns obradoiros de gravado no multiusos da Xunqueira de Redondela. Hoxe martes día 14 e o xoves día 16 as persoas que o desexen poden achegarse a ese centro cultural para coñecer as diversas técnicas desta especialidade, que poderán practicar elaborando os seu propios traballos.

Todos os afeccionados que queiran achegarse están convidados ámbolos dous días en horario de sete a oito da tarde. Esta actividade complementa a exposición de Poldras que pode visitarse dende o pasado 20 de marzo. Unha mostra na que o gravador fai un traballo desacougante e rico en matices coa figura humana, á que descompón nun gran número de variacións en papel, usando a técnica do gravado colográfico, ata acadar as tres dimensións, en esculturas de barro de pequeno formato, ou pezas de tamaño natural en papel e alma de metal. Ademáis o artista realiza demostracións sobre a técnica do gravado cun tórculo instalado na sala. A mostra poderá visitarse ata o 17 de abril.

Sociedade