ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O Grupo de Acción Costeira Golfo Ártabro que xestiona as axudas do Fondo Europeo de Pesca levará a cabo unha reunión explicativa no Salón de Plenos do Concello de Fene. A charla organizada pola Concellería de Promoción económica celébrase mañá mércores ás oito da tarde.
O Grupo de Acción Costeira Golfo Ártabro xestiona as axudas do Fondo Europeo de Pesca. Fórmanna organizacións de carácter local pesqueiro, marisqueiros e Acuícola, organizacións sociais, medioambientais, culturais, o sector empresarial e administracións locais.
Tras a orde do 27 de agosto de 2009 pola Consellaría de Mar establecéronse as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos. Éstas Diríxense a iniciativas de colectivos, asociacións, concellos, confrarías e promotores privados. Os proxectos terán que consolidar a competitividade das zonas de pesca e reestructurar e reorientar as actividades económicas así como diversificar as actividades de promoción de pluriactividade dos pescadores. Tamén deberán ofrecer un valor engadido aos produtos da pesca, protexer o medio natural nas zonas pequeiras e restablecer o potencial de produción do sector pesqueiro entroutros requisitos.
A charla terá lugar mañá mércores ás oito da tarde no Salón de Plenos do Concello de Fene.