O home que fundou o manicomio de Conxo

O home que fundou o manicomio de Conxo

02 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

Don Timoteo Sánchez Freire, catedrático de Medicina e precursor da psiquiatria en Galicia. Morreu en 1912 e o seu enterro concentrou a milleiros de persoas de Santiago e de Conxo. Di a prensa da época que foi o sepelio máis multitudinario que se recordaba en Santiago de Compostela, o que da testemuña dunha persoa moi coñecida e moi querida na cidade. Sánchez Freire impulsou a fundación do manicomio de Conxo, institución que abriu as s&uacut

Sánchez Freire, o último da estirpe dos Barallobre, naceu no Pazo de Golmar en Roade (Sobrado dos Monxes A Coruña) o 22 de agosto de 1838. Chegará a ser o ciruxán con máis sona nas últimas décadas do século XIX en Galicia. Perfeccionou e inventou numerosos instrumentos quirúrxicos. Impulsou a fundación do Sanatorio psiquiátrico de Conxo. O establecemento inaugurouse o 1 de xullo de 1885. Sánchez Freire amosa gran curiosidade científica por unha “psiquiatria” que ainda se atopaba nacendo. Experimenta e teoriza sobre a utilización da hipnose e da hidroterapia para a curación de doenzas mentais.

Fundou tamén o Museo Histórico Arqueolóxico e dirixeu o Hospital de San Roque e a Sociedade Económica de Amigos del Pais. Segundo indicaba El Mendo, periódico de Betanzos o 6 de decembro de 1890, “o noso amigo o doutor Timoteo Sánchez Freire escribiulle ao médico alemán Koch pedindolle varios frascos do maravilloso remedio para os tísicos, co obxecto de experimentalo nos enfermos do hospital clínico de Santiago”.

El Eco de Santiago do 26 de abril de 1912 fai a crónica do enterro do doutor Sánchez Freire indicando o seguinte:

“As seis da tarde de onte foi conducido ao cemiterio de Conxo do que foi en vida director daquel Manicomio e fillo ilustre da nosa Facultade de Medicina Don Timoteo Sánchez Freire. Moito antes da citada hora agolpábase o público nas ruas que había de percorrer a fúnebre comitiva e de xeito especial nos xardíns de Mendez Núñez. Debía residir na praza do Toural, xa que o xornal indica que saíu dalí a comitiva fúnebre.
E continua o relato:
Detras seguía unha compacta moitedume composta por persoas de todas as clases sociais, catedráticos, propietarios, comerciantes, estudiantes e obreiros. (Conxo ainda era Concello independente, xa que foi anexionado a Santiago en 1925) Numerosos coches seguían o fúnebre cortexo, que, como dicimos, resultou unha verdadeira e espontánea manifestación de dó. Cando o enterro chegou a Conxo un xentío inmenso agolpábase a ambas beiras da estrada e nas proximidades da porta do edificio. Un enorme xentío agolpábase á porta do establecemento.”

O mesmo “El Eco de Santiago” indica:
“Toda a prensa española rexistra nas súas columnas a noticia da morte do Dr. Sánchez Freire e moitos periódicos, ainda fora da rexión, fan xustiza aos merecimentos do ilustre finado. Máis dun periódico inicia a idea de que se perpetue a súa memoria erixindo un busto en bronce que podería colocarse enfronte á escalinata principal do novo edificio construido para Manicomio”.  

Cultura