O home que moumeaba aos cabalos

O home que moumeaba aos cabalos
23 de Agosto, 2020 - 09:00 h. | Publicada por Radio Estrada

Un vaqueiro posue o don de falar, coidar aos cabalos e aproveitar o seu potencial terapeutico. O papel desempeñao Robert Redford na película de 1998 “O home que moumeaba aos cabalos”. A equinoterapia volve agora á actualidade. Independentemente do grao de mellora que logre o doente, ,o que está claro é que este tipo de terapias non ten efectos secundarios e son unha experiencia moi enriquecedora.

Curro da Capelada. Santo André de Teixido. 2019.

A equinoterapia axuda a tratar persoas con trastornos do movemento asociados a varias afeccións neurolóxicas e neuromusculares. Trata o aspecto físico e psicolóxico simultaneamente. Montar a cabalo supón un esforzo físico considerábel, mais a calor que transmite o seu corpo axuda a relaxar os músculos do xinete ao mesmo tempo que o seu sistema circulatorio se ve estimulado polo fluxo sanguíneo do animal. Isto, xunto á harmonía do paso do cabalo, axuda a fortalecer o ton muscular do paciente, reforzar a súa musculatura postural e incrementar a súa habilidade para levar a cabo actividades funcionais diarias. Algo fundamental para pacientes con parálise cerebral, accidentes vasculares, esclerose múltiple e traumatismos cerebrais. Sinalao así Zaira Pallas, nun artigo titulado “Animais que curan” publicado no número 410 do semanario “Sermos Galiza”.

Cultura

Publica o teu comentario agora